sábado, 5 julio 2025
Inicio-GaliciaII Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida en Termatalia

II Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida en Termatalia

Porá a faciana científica a Termatalia en Expourense que se vai desenvolver en total desde o mércores 20 ata o venres 22.

A Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar Termatalia chega esta semana á súa 17ª edición convertida, tal e como salientan os seus organizadores, en “punto de referencia internacional para o negocio no turismo termal, de saúde e de benestar”.

Deste xeito, contará coa participación de 260 expositores, 30 operadores de turismo e 40 países representados, con destacada presenza de América Latina e Europa e incorporando tamén a Asia-Pacífico. A faciana científica da cita, que se celebrará en Expourense os días 21 e 22 de setembro, chegará da man da celebración de xeito paralelo nela do II Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida, organizado no marco do Campus da Auga os días 20 e 21 de setembro.

Termatalia, que nesta ocasión ten a México como país convidado, foi presentada este luns nun acto no que participaron Marisol Díaz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial; José María Faílde, director de Planificación do Campus da Auga, e Alejandro Rubín, director de Termatalia.

Todos eles coincidiron en destacar o papel da colaboración interinstitucional e da cooperación público-privada á hora de organizar este proxecto que quere situar a Ourense e a Galicia como centros de capacitación profesional e negocio a nivel internacional. Tamén estiveron de acordo en situar ao turismo de saúde como unha das puntas de lanza do desenvolvemento económico e turístico tanto de Ourense como de Galicia no seu conxunto.

 

A transferencia de coñecemento

Co obxectivo de complementar o carácter profesional de Termatalia, o II Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida preséntase como un foro de encontro de arredor de 200 profesionais e investigadores relacionados co eido do termalismo que quere fomentar a transferencia de coñecemento e estimular o contacto entre os diferentes axentes do sector.

O simposio, que se celebra con carácter bianual, está liderado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e conta na súa organización coa participación do Concello e da Deputación Provincial de Ourense e da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense Expourense.

O programa desta segunda edición estrutúrase arredor de tres áreas temáticas prioritarias, como son a caracterización e aproveitamento de augas mineromedicinais e termais; o patrimonio e arquitectura termal e o turismo experiencial e de saúde en termalismo.

A este tres áreas úneselle unha cuarta de carácter xenérico, de investigación xeral sobre a auga relacionada co enfoque do simposio. Arredor dos catro eixes desenvolveranse arredor de 36 comunicacións orais de investigadores, dúas sesións de comunicacións de póster e dúas sesións de 16 paneis nos que se presentarán tanto traballos académicos como innovacións e novas experiencias en termalismo. Tamén se levarán a cabo tres talleres, un centrado nas potencialidades que ten para Galicia o enoturismo e termalismo; outro sobre as aplicacións en dermocosmética das augas termais e outro sobre peloterapia corporal.


>>Información relacionada: presentación Termatalia


Lo más visto

Redacción EM
Redacción EM
Información elaborada por el equipo de redacción.

Más información

Resumen de privacidad

En nuestra Política de privacidad explicamos cómo nuestra organización maneja cualquier información relativa a nuestros clientes, proveedores o empleados que hemos recopilado en nuestras operaciones.Política de Privacidad de EntreMayores